XXVI FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

9 e 10 de outubro 2024

Convocatoria: Convocatoria de ayudas para el Fomento de la Cultura Científica, Tecnológica y de la Innovación 2022

Referencia do proxecto: FCT-22-18547
Título: Menudo ForoAcui. Innovación e divulgación dos recursos do mar e da acuicultura.

Entidade coordinadora:

INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS

Entidades participantes:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS


Investigadores
:

Xosé Antonio Padín Álvarez. IP do proxecto.

José Manuel Fernández Babarro

Luisa Martínez Lorenzo

Gabriela Ojeda Romano

Blanca Puig Mauriz

Manuel Rey Méndez

Nieves González Henríquez

O proxecto MENUDO FOROACUI: INNOVACIÓN E DIFUSIÓN DOS RECURSOS DO MAR E DA ACUICULTURA está deseñado a partir da colaboración do IIM-CSIC e Universidade de Santiago de Compostela co ForoAcui (Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas), o congreso líder sobre esta temática en España e comprometido coa promoción e difusión dos desenvolvementos científicos, técnicos e empresariais da acuicultura e dos recursos mariños.

 

Aproveitando o trampolín que ofrece a experiencia ForoAcui, o IIM-CSIC deseña este proxecto que ten como obxectivo principal “Aumentar o coñecemento e a comprensión da ciencia e a tecnoloxía sobre os recursos mariños e a acuicultura”.

 

Esta proposta innovadora reunirá a 250 alumnos de 5º e 6º de Primaria que ao longo do curso gozarán de diferentes actividades relacionadas cos recursos mariños, a acuicultura e a saúde dos océanos. En concreto, estas propostas centraranse nas seguintes liñas de traballo:

  1. Bivalvos das nosas praias
  2. O mexillón
  3. Recursos mariños e cambio climático
  4. Poder dos alimentos mariños
  5. Lixo mariño e microplásticos

  • Descrición
    Xornada lúdico-educativa sobre recursos do mar, acuicultura e saúde dos océanos celebrada o 17 de novembro de 2023 no Auditorio Municipal do Grove (Pontevedra).

  • Descrición O traballo na aula consolidará os conceptos descritos na xornada inicial do Menudo ForoAcui e afondará en temas concretos de interese a través de charlas, saídas de campo, obradoiros, etc.
  • Fotos
  • Vídeo

  • Descrición O día 7 de xuño, unha vez rematado o traballo nas aulas, todos os participantes volveranse reunir no Auditorio Municipal do Grove (Pontevedra) para presentar o seu traballo en formato póster e/ou audiovisual ademais de realizar unha exposición oral do mesmo.
  • Fotos
  • Presentacións

E non vos perdades o PODCAST: Cultivando o mar “Publicación en breve”.