XXV FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

5 e 6 de outubro 2023

Patrocinios

Patrocinadores e Colaboradores do Foro

O ForoAcui (www.foroacui.com) é un evento organizado pola Asociación Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, que ten como vocación analizar e promover os recursos mariños e a acuicultura a nivel mundial. Desde 1997, ForoAcui é un referente internacional na análise do estado da industria acuícola e pesqueira desde diferentes perspectivas como a explotación, a sustentabilidade, o benestar animal, a seguridade alimentaria e a proxección no futuro.

O ForoAcui reúne durante os seus dous días a máis de 25 ponentes expertos de distintas nacionalidades que participan activamente nas cuestións plantexadas polos 200 asistentes (presencial e online) de distintos países (alumnos, técnicos de Confrarías e de Administración, investigadores, empresas…). As presentacións e comunicacións recóllense nunha publicación anual. Os medios de comunicación (televisión, radio, prensa escrita, publicacións sectoriais…) que recollen o evento son testemuñas e relatores da importancia do ForoAcui.

A participación de empresas ou institucións interesadas no ForoAcui que queiran proxectar a súa marca e produtos entre o noso público e rede de contactos poderá realizarse nas seguintes modalidades:

  • Patrocinador Rodaballo (800€): 1) Logo na nosa web vinculado ao teu dominio. 2) Logotipo nos nosos carteis e paneis de patrocinadores. 3) Inclusión como patrocinador na publicación anual. 4) Dúas acreditacións de asistencia ao ForoAcui.
  • Patrocinador Mexilón (1.200€): Ademais dos beneficios da categoría Rodaballo: 1) Logo en correos de comunicación e publicidade institucional. 2) Proxección de peza audiovisual da compañía (menos de 3 minutos) durante os descansos do evento. 3) Dúas acreditacións de asistencia ao ForoAcui.
  • Patrocinador Centola (1.800€): Ademais dos beneficios da categoría Mexillón: 1) Inclusión do merchandising da empresa no material que se entregará aos participantes. 2) Participación cunha charla nunha mesa de traballo. 3) Espazo propio no ForoAcui para actividades de promoción e publicidade. 4) Catro acreditacións de asistencia ao ForoAcui.

As empresas ou institucións interesadas poden poñerse en contacto connosco a través do enderezo electrónico: foro@foroacui.com.