XXVI FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

9 e 10 de outubro 2024

Inscrición

Datas importantes

  • Rexistro de participantes online ata o 7 de OUTUBRO
  • Recepción de comunicacións audiovisuais e póster ata o 8 de OUTUBRO

Modalidades de inscrición

  • ESTÁNDAR PRESENCIAL (65€)
    Participación presencial no Foroacui.
    Dereito a: material do Foroacui e certificado de asistencia.
     
  • ESPECIAL PRESENCIAL (55€)
    Participación presencial de estudantes, persoal da Consellería do Mar (Xunta de Galicia), Confrarías de Pescadores, CETMAR, INTECMAR, socios da SEA e biólogos, veterinarios e oceanógrafos colexiados. Esta condición debe acreditarse con algún documento durante a inscripción.
    Dereito a: material do Foroacui e certificado de asistencia.
      
     
  • COMUNICACIÓN (40€)
    Comunicación en formato póster ou audiovisual durante o Foroacui para persoas inscritas (presencial ou online; condición obrigatoria para poder enviar comunicación) que sexan coautores da comunicación. Poden enviarse varias comunicacións asociadas a unha única inscrición.
    Dereito a: certificado de comunicación e publicación no libro resumen do Foroacui con rexistro do ISBN.

  • ESTÁNDAR ONLINE (35€)
    Acceso á plataforma online do Foroacui para o seguemento das sesións. A retransmisión realizarase a través de Zoom. O enlace coa invitación á videoconferencia será enviado ao correo da persoa inscrita días antes da celebración do foro.
    Dereito a: certificado de asistencia.

  • ESPECIAL ONLINE (25€)
    Acceso á plataforma online do Foroacui para o seguemento das sesións para estudantes, persoal da Consellería do Mar (Xunta de Galicia), Confrarías de Pescadores, CETMAR e INTECMAR e socios da SEA. Esta condición debe acreditarse con algún documento durante a inscripción. A retransmisión realizarase a través de Zoom. O enlace coa invitación á videoconferencia será enviado ao correo da persoa inscrita días antes da celebración do foro.
    Dereito a: certificado de asistencia.

  • IMPRESIÓN (55€)
    Impresión de comunicación póster (90 x 120 cm, ancho x alto) para persoas inscritas (presencial ou online; condición obrigatoria para poder enviar comunicación) á cargo da Organización do Foroacui e colocación do mesmo na sala de exposicións do Foroacui durante os dous días do evento. Poden demandarse varias impresións asociadas a unha única inscrición.
    Dereito a: certificado de comunicación e publicación no libro resumen do Foroacui con rexistro do ISBN.

Sobre as comunicacións

IMPORTANTE: Todas as comunicación deben ser traballo inéditos en relación coas temáticas do Foroacui.

  • COMUNICACIÓN PÓSTER
    O tamaño máximo do póster é de 1,20 x 0,90 m. (alto x ancho). Os póster deben ser entregados en man ou recibidos por transporte (solicitar dirección de envío a través de foroacui@foroacui.com) con data límite o 6 de outubro.
    Os póster a imprimir pola Organización do Foroacui deben ser enviados por correo electrónico foroacui@foroacui.com antes do 2 de outubro.

  • COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
    A comunicación audiovisual ter como obxetivo de amosar a investigación realizada dunha forma máis cercana, clara e atractiva. Estos vídeos serán proxectados en diferentes pantallas durante o Foroacui e incluído como publicacións da nosa web coa autorización do autor.
    O vídeo terá unha duración máxima de 3 minutos en calquera dos seguintes formatos .mp4, .mkv, .mov, .avi e ser grabados con calidade suficiente para ser reproducido nunha pantalla en formato 16:9 e resolución 1920×1080 (FullHD) ou 1280×720 (HD).
    Os vídeos faranse chegar a foroacui@foroacui.com antes do día 4 de outubro.

  • COMUNICACIÓN PARA O LIBRO
    Os autores que queiran publicar unha versión extendida da súa comunicación (póster ou audiovisual) no libro resumen do Foroacui deberán entregar un documento (5 páxinas máximo en Times New Roman 12p.) seguindo o formato para libro de actas do Foro antes do 12 de novembro.
    O documento será sometido a un proceso de revisión por un comité científico internacional. Unha vez aceptada a versión final procederase á publicación de todas as comunicacións xunto cos ponencias de todas as mesas celebradas no Foroacui.
    Cada autor recibirá una copia electrónica do libro que será publicado o 17 de maio do 2023.
    IMPORTANTE: Soamente aquelas comunicación que sigan o formato para libro de actas do Foroacui serán incluídas no libro.

Premios

Comunicación póster
A organización do Foroacui premiará dous póster polo seu carácter innovador e rigor científico dentro de calquera liña de investigación da acuicultura e dos recursos mariños.

1º PREMIO PÓSTER: 200€
2º PREMIO POSTER: 100€

Comunicación audiovisual
A organización do Foroacui premiará unha comunicación en formato audiovisual na que ademáis do seu carácter innovador e rigor científico se valorará especialmente a capacidade para amosar o traballo científico dunha forma atractiva e amena.

PREMIO AUDIOVISUAL: 150€.

IMPORTANTE: Todos os premios serán entregados o día 6 de outubro antes da clausura do ForoAcui.

Política de cancelacións

  • As cancelacións das inscricións deben ser comunicadas por correo a foroacui@foroacui.com.
  • Para cancelacións ata o 1 de outubro (tamén incluído) será reembolsado o 100% do abonado.
  • Para cancelacións entre o 2 e 4 de outubro (ambos incluídos) será reembolsado o 50% do abonado.
  • Non se aceptarán cancelacións posteriores.