Convocatoria: Convocatoria de ayudas para el Fomento de la Cultura Científica, Tecnológica y de la Innovación 2022
Referencia do proxecto: FCT-22-18547
Título: Menudo ForoAcui. Innovación e divulgación dos recursos do mar e da acuicultura.
Entidade coordinadora:
INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS
Entidades participantes:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Investigadores:
Xosé Antonio Padín Álvarez. IP do proxecto.
O proxecto MENUDO FOROACUI: INNOVACIÓN E DIFUSIÓN DOS RECURSOS DO MAR E DA ACUICULTURA está deseñado a partir da colaboración do IIM-CSIC e Universidade de Santiago de Compostela co ForoAcui (Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas), o congreso líder sobre esta temática en España e comprometido coa promoción e difusión dos desenvolvementos científicos, técnicos e empresariais da acuicultura e dos recursos mariños.
Aproveitando o trampolín que ofrece a experiencia ForoAcui, o IIM-CSIC deseña este proxecto que ten como obxectivo principal “Aumentar o coñecemento e a comprensión da ciencia e a tecnoloxía sobre os recursos mariños e a acuicultura”.
Esta proposta innovadora reunirá a 250 alumnos de 5º e 6º de Primaria que ao longo do curso gozarán de diferentes actividades relacionadas cos recursos mariños, a acuicultura e a saúde dos océanos. En concreto, estas propostas centraranse nas seguintes liñas de traballo:
ASOC. FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Campus Sur s/n. 15782. Santiago de Compostela. A Coruña