FOROACUI XXI

Roberto Fernández Piñeiro

AGADE

Secretario técnico

Formación académica como Enxeñeiro Técnico en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Durante 7 anos estiven traballando como xefe de rastrexabilidade, calidade e seguridade alimentaria no centro de depuración e expedición de moluscos Benito Fernández e Hijos, S.A. En 2017 pasei a formar parte da Asociación Galega de Empresarios de Tratamento de Moluscos – AGADE como secretario técnico e levando as áreas de regulación e asistencia técnica aos asociados, combinada coa creación e publicación periódica de informes estatísticos sectoriais.