FOROACUI XXI

José Antonio Juanes

Impulso Industrial Alternativo S.A. Enxeñeiro asociado
Despois da excedencia voluntaria do meu posto oficial na Confederación Hidrográfica do Norte, comecei no mundo da acuicultura no 2005 con algúns dos primeiros proxectos de plantas de engorde de rodaballo en Galicia. Dende a empresa Impulso Industrial Alternativa, SA participei no deseño e xestión da construción das extensións da Granxa Mariña de Peixes Planos en Xove e noutros proxectos promovidos polo Grupo Pescanova, no deseño dun sistema de recirculación para una planta de acuicultura de gran tonelaxe, en diversos traballos de consultoría relacionados coa acuicultura e colaborei en proxectos de recirculación de plantas de linguado. Dende 2019 traballo con Seafood Legacy Spain no deseño e implementación do Proxecto Tecnolóxico de Salmen en Recirculación en Burela.