FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

Rocío Garrido Caramés
Cociñeira, empresaria e bloguera

Estudiéi informática de xestión e me adiquei ao comercio exterior durante 10 anos. A pesar que na miña familia esta relacionada coa hostelería e co sector do mar e do campo. No 2012 creo o blogue  e empezo a traballar e formarme no mundo da gastronomia sin esquecer o marketing dixital da miña carreira, imparto cursos e obraidores de cociña tanto a maiores como a nenos. Participo en diversos eventos gastronómicos o longo de Galicia e festas. Colaboro con varias revistas e medios de prensa con artigos e receitas de cociña.

Publiquei tres libros

“Cociñando coas razas autóctonas ” gañador dun premio Gourmand Awards como mellor libro de cociña sostible en España.

” Mel nas filloas” con Editorial Galaxia, recopilación de doces galegos

“Receitas pequerrechas” libro de cociña para nenos con Editorial Galaxia.

Actualmente teño un aula de cocina na Quinta de San Amaro chamada cociñando no Salnés e recentemente un espacio gastronómico en Cambados “ indo e vindo gastronomía”