XXV FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

5 e 6 de outubro 2023

Patricia Bea Dopazo
Periodista y divulgadora en TikTok

Patricia Bea comezou os seus estudos en xornalismo na USC no 2015, á vez que tomaba o relevo da súa avoa na Illa da Toxa como vendedora de artesanía feita con cunchas, o que se coñece como colareira. Durante os meses de verán desempeñou o traballo de venta cara o público mentres completaba os seus estudos ou realizaba os seus primeiros traballos como xornalista.

No 2021, tras rematar un curso de locución e presentación en radio e televisión e a piques de comezar un máster en comunicación dixital, foi cando Patri comezou a amosar o seu traballo de colareira nas redes sociais, máis concretamente en TikTok.

Todo xurdiu a raíz de colgar o seu primeiro vídeo a finais de agosto nesa red social amosando como era o seu día a día na Toxa, que alcanzou 100.000 visualizacións en menos de 24 horas. Ao ver o bo resultado do vídeo, animouse a continuar facendo contido nesa liña.

Dez meses despois, tras subir vídeos casi a diario, moitos coa súa avoa Genoveva, colareira de toda a vida, superou a barreira dos 15.000 seguidores en TikTok e achegou a súa artesanía ao mundo dixital.