Oscar Esparza Alaminos é doutor en Bioloxía pola Universidade de Murcia. Conta cunha ampla experiencia no deseño, coordinación e execución de proxectos de investigación e conservación enfocados á creación dunha rede representativa de áreas mariñas protexidas en España, con especial atención aos procesos de aprendizaxe entre sectores, transferencia de coñecemento e mellora da gobernanza.
No ano 2004 comezou a traballar como investigador en diversos proxectos relacionados coa mellora do coñecemento dos ecosistemas e dos recursos mariños, centrados na mellora da xestión das áreas protexidas, labor que alternou colaborando con diversas organizacións conservacionistas.
Desde 2011 é o Coordinador de Áreas Mariñas Protexidas de WWF España. O seu traballo céntrase en aumentar a protección, mellorar a xestión e reducir os impactos nos ecosistemas mariños, sempre coa participación activa de todos os sectores implicados e coa investigación como ferramentas básicas.
ASOC. FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Campus Sur s/n. 15782. Santiago de Compostela. A Coruña