FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

Laura Peteiro
IIM-CISC
Investigadora

Doutora en Bioloxía Mariña e Acuicultura (2009) con ampla experiencia inter-sectorial e interdisciplinar, tendo traballado en ONGs (SEO-BirdLife), empresas do sector da acuicultura (PROINSA S.A.), centros tecnolóxicos (CETMAR), universidades e centros de investigación nacionais (IIM-CSIC, UVigo) e internacionais (UAveiro-Portugal, OIMB-USA). Na sua faceta investigadora, principalmente especializada en acuicultura de bivalvos, padróns de dispersión larvaria, ecoloxía, fisioloxía e xestión de especies sedentarias de interese comercial, destacando a utilización de novas tecnoloxías para a xestión integral dos recursos naturais, como o uso de técnicas de marcaxe natural (“elemental fingerprinting”), o uso de drones para a monitorización de poboacións do intermareal rochoso ou a aplicación de técnicas SIX (Sistemas de Información Xeográfica) que permiten a incorporación da compoñente espacial na xestión dos recursos, sendo o marisqueo e a acuicultura de bivalvos os seus principais focos de interese.