Doutorouse en Bioloxía en 1993 pola Universidade de Santiago. Realizou a súa formación posdoutoral na Harbour Branch Oceanographic Institution, Florida (1993-1995). En 1995 ingresou como profesora axudante na Universidade de Vigo. Desde 2010 é profesora de Zooloxía na devandita universidade onde imparte o grao en Ciencias do Mar e o Máster en Acuicultura e Oceanografía. En colaboración con varias confrarías, as súas actuais liñas de investigación céntranse no estudo dos efectos do cambio global nos bivalvos de interese comercial. Conta cunhas 70 publicacións científicas. Foi investigadora principal de 17 proxectos de investigación e participante noutros 19. Dirixiu 9 Teses de Doutoramento. Realizou estadías de investigación en EEUU, Francia, Bahamas, Australia e Canadá. Participou en campañas oceanográficas na Península Ibérica, a Antártida, as Bahamas, o Golfo de México e Hawai utilizando submerxibles científicos tripulados. Tamén ocupou diversos cargos directivos: Vicerreitora de Investigación (2009-10), Directora de Captación de Talento do Campus de Excelencia Campus do Mar (2011-2018). Desde 2018 é Vicedecana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo Compaxina estas tarefas coa divulgación científica, impartindo obradoiros e charlas divulgativas.
ASOC. FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Campus Sur s/n. 15782. Santiago de Compostela. A Coruña