Carlos Gabín Sánchez (Betanzos, 1962), Licenciado en Ciencias Biolóxicas (especialidade: zooloxía marina) pola Universidade de Santiago de Compostela (1985).
Especialista Universitario en Economía Pesqueira (Curso de posgrao 2004) do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
Funcionario de carreira desde o ano 1996, desempeña postos de diversas categorías na administración autonómica da Xunta de Galicia.
Inicia a súa carreira como axente de extension pesqueira, participando no Programa NOW (New Opportunities for Women) – Mariscadoras e no Plan Galicia de desenvolvemento do marisqueo a pé.
Máis tarde adquire a condición de Profesor Numerario de Institutos Politécnicos Marítimos Pesqueiros, como profesor de acuicultura no Instituto Galego de Acuicultura.
En 2001 ocupa a Xefatura do Servizo de Análise e Rexistros lanzando á plataforma www.pescadegalicia.gal, participa na elaboración dos anuarios de pesca e acuicultura; deseña e publica a enquisa OCUPESCA; deseña e promove a utilización dos terminais TICPESC e as aplicacións de usuario e consulta dos documentos de rexistro e da declaracións do cambio de artes.
Continúa a súa carreira administrativa como Subdirector Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais.
Desde 2017 é director do Centro de Investigacións Mariñas da Consellería do Mar, lidera diversas accións de investigación relacionadas coa xestión do recursos mariños e a acuicultura de moluscos bivalvos.
Durante estes anos participa en diferentes programas de cooperación internacional, principalmente en países de Centroamérica e Sudamérica.
ASOC. FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Campus Sur s/n. 15782. Santiago de Compostela. A Coruña