XXV FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

5 e 6 de outubro 2023

Aurelio Ortega
IEO – CSIC
Xefe do Área de Acuicultura

Aurelio Ortega é doutor en Bioloxía pola Universidade de Murcia con 35 anos de experiencia en acuicultura. Durante este tempo traballou nun criadeiro de douradas e robalizas, impartiu clases de formación profesional en acuicultura e foi funcionario da Xunta de Galicia traballando no Centro de Experimentación Acuícola de Couso da Consellería de Pesca entre os anos 1989 e 1998. Desde 2002 traballou no Instituto Español de Oceanografía onde participou en numerosos proxectos de investigación, entre eles seis proxectos europeos, principalmente sobre atún vermello e bonito atlántico. Autor de máis de 40 publicacións e 10 capítulos de libros, dirixiu dúas teses e tamén é Responsable da Área de Acuicultura do IEO desde 2016.