Antonio Villalba García é Licenciado en Ciencias, Sección Biolóxica, pola Universidade de Alcalá (1982) e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994). Participou no Primeiro Plan de Formación de Técnicos Superiores en Acuicultura do Goberno de España (1984-86), especializándose en enfermidades de moluscos no Instituto de Ciencias Mariñas de Virginia (EEUU). Desde 1988 coordina un equipo de investigación no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) dependente da Consellería do Mar (Xunta de Galicia). O obxectivo xeral da investigación do equipo é resolver os problemas na industria do marisqueo causados polas enfermidades do marisqueo.
Coordinou proxectos de investigación nacionais e internacionais e presidiu a organización de varios congresos internacionais. Publicou 145 artigos en revistas científicas (WoS, índice H = 33) e é autor/editor de 9 libros. No ámbito educativo, imparte clases de máster nas tres universidades públicas de Galicia e na Universidade do País Vasco. Dirixiu 9 Teses de Doutoramento. É Profesor de Investigación Honorífica da Universidade de Alcalá desde decembro de 2015 e Colaborador Académico da Universidade do País Vasco para a Formación de Posgrao desde abril de 2018.
ASOC. FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS
Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Campus Sur s/n. 15782. Santiago de Compostela. A Coruña