XXV FOROACUI

FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

5 e 6 de outubro 2023

Andrés Molares
Universidade da Coruña
Investigador

Licenciado en Enxeñaría Informática, acadando un accésit na VI edición do Premio FIC ao Mellor TFG aplicado, e posteriormente especializándose con estudos de máster en intelixencia artificial. Participou en programas como o Programa de Transferencia de Tecnoloxía da Economía Azul (EMPORIA4KT) onde acadou o primeiro posto como tecnoloxía finalista no III “evento de formación e actuación” a nivel nacional de 2021 en Cádiz. Colaborou en proxectos de investigación dentro do ámbito da intelixencia artificial aplicada ás ciencias da saúde como “Intelixencia artificial vs COVID-19: Melloras na detección, avaliación e seguimento personalizado dos afectados”, e ten experiencia como enxeñeiro informático e investigador en ciencias de datos. en diversas institucións, como o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), o grupo de investigación RNASA-IMEDIR e a Universidade da Coruña (UDC). Actualmente participa no Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e a Comunicación con estudos sobre a aplicabilidade das técnicas de intelixencia artificial na predición de floracións de algas nocivas. Compaxina os seus estudos co seu traballo como PDI na Universidade da Coruña.