FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS

Ana Riaza Cárcamo
Stolt Sea Farm
Directora de I+D

Licenciada en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, bolseira do CAYCIT (Ministerio de Educación y Ciencia) no I Plan Nacional de Técnicos Superiores en Acuicultura, (1984-1987), con estadías no IEO de San Pedro de Pinatar (1 ano) e IFREMER Brest (2 anos). Tese de grao “Estudos de dixestibilidade na robaliza”: En 1988 comezou a traballar en Prodemar/Stolt Sea Farm, líder europeo na produción de peixe plano, rodaballo e linguado, centrada en proxectos de investigación. Desde 1994 ata a actualidade, Directora de I+D en Stolt Sea Farm. Ampla experiencia en colaboración con grupos de investigación de centros de investigación públicos e privados, no marco de proxectos nacionais e europeos, e na transferencia dos resultados de proxectos de investigación á produción. Experiencia investigadora en cultivo larvario, desenvolvemento de vacinas, desenvolvemento de pensos, cultivo de novas especies, mellora xenética.