FOROACUI XXI

Felicidad Fernández Alonso

ANFACO – CECOPESCA Responsable do Dpto. de Comercio, Internacionalización, Relacións coa UE e Promoción
Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, na especialidade de Contabilidade e Auditoría, pola Universidade de Vigo (2002). Dende 2004 traballa en ANFACO – CECOPESCA, sendo actualmente responsable do Departamento de Comercio, Internacionalización, Relacións coa UE e Promoción. Entre as tarefas que desempeña destaca a análise, xestión e asesoramento dos temas que afectan a actividade do sector transformador de peixe e marisco en ámbitos como a Política Pesqueira Común e a Política Comercial e Aduaneira; o asesoramento ás empresas sobre os procedementos necesarios para o comercio internacional; a elaboración de informes sobre as diferentes políticas comunitarias que afectan ó sector transformador de produtos da pesca e da acuicultura e a análise e tratamento dos datos de comercio exterior deste sector, elaborando informes estatísticos e de mercado. Anteriormente, traballou no Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), asesorando ás empresas na xestión das distintas liñas de axuda ao apoio empresarial.