Ricardo Pérez

IEO
Profesor de Investigación de OPIs

É Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Bioquímica de Alimentos do Instituto de Investigaciónes Mariñas de Vigo (CSIC). Doutor en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986. É investigador de plantilla do CSIC desde 1988 e foi Director do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC desde 1994 ata 2001. Foi investigador responsable de diferentes proxectos de investigación (6 dos Programas Marco da UE, 3 contratos coas DG Pesca e DG Medioambiente da UE, 7 do Programa Interreg da UE, 2 do Programa LIFE da UE, 6 dos Plans Nacionais de I+D e 7 da Xunta de Galicia) e participou noutros moitos como investigador. Tamén dirixiu numerosos contratos de investigación con empresas e é autor de máis de 120 publicacións e de tres patentes.

As liñas de investigación nas que se enmarca fundamentalmente o seu traballo son:

  • Trazabilidade e Autenticidade de Alimentos: desenvolvemento de métodos de identificación e cuantificación de especies presentes en alimentos mediante análises de ADN.
  • Optimización de procesos de fabricación de productos pesqueiros.
  • Estratexias de xestión, tratamento e valorización de descartes, subproductos e residuos da actividade pesqueira.