Rosa Carballo

Consellería do Mar Xerente do GALP Ría de Arousa

Licenciada en Bioloxía. Licenciada en Farmacia. Diplomada en Sanidade Pública.

 

Comenzou a súa traxectoria co sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola impartindo formación sobre Etiquetado e Hixiene na cadea alimentaria. Posteriormente ocupou os seguintes postos:

 

Traballou para a Consellería de pesca, Xunta de Galicia como “Axente de desenvolvemento do litoral” (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) na Delegación de Pesca de Ribeira. (Cubrindo a zona comprendida entre Rianxo e Muros) (2001-2006).

 

Traballou para a Consellería de Pesca, Xunta de Galicia como “Axente de Extensión Pesqueira” na Delegación de Pesca de A Coruña (Cubrindo a zona comprendida entre Corme e Ferrol) (2007).

 

Na actualidade traballa como Xerente da Asociación Grupo de Acción do Sector Pesqueiro “GALP Ría de Arousa”, anteriormente denominado GAC Ría de Arousa” (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) en Vilagarcía de Arousa , cubrindo a zona entre Ribeira e O Grove). (2009-…).