Rita Míguez

C.P. de Arcade
Patroa Maior da C.P. de Arcade e Presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca

 

Especialmente en Galicia, pero tamén en outras moitas rexións costeiras de España, somos moitas as mujeres que traballamos nun sector tan apaixoante e importante para a economía como é o sector pesqueiro, do que me sinto orgullosa de formar parte. Máis de 5.000 mulleres no noso país desempeñan traballos relacionados coa pesca, un importante colectivo do que forman parte as miñas compañeiras e amigas as mariscadoras, que acoden á súa cita diaria co mar, sempre que a marea o permita, e incluso cando as condicións climáticas son adversas; as redeiras, que con as súas mans, hilo e agulla, reparan as redes e os aparellos para que os nosos pescadores poidan saír a faenar; as traballadoras das conserveiras, que con as nosas capturas elaboran ricos manxares con distintos e innovadores procesados. E, como elas, moitas mulleres e as súas familias, que dependen directa ou indirectamente da actividade pesqueira.

 

Estas traballadoras foron capaces, desde sempre, de conciliar a súa vida familiar e laboral, atendendo o seu fogar e a súa familia, sen por elo deixar de ir ó mar, unha xornada laboral interminable que conleva un perxuizo, tanto para a súa saúde como para a súa calidade de vida.


Como presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, quixera trasladar o meu recoñecemento a todas as mulleres que loitaron e continúan loitando por conseguir o seu lugar nunha actividade profesional tradicionalmente de homes. Foi grazas a esa labor constante como foi posible realizar cambios que, fai tan solo unha década, eran impensables como, e sirva o meu propio exemplo, que unha muller ocupara o cargo de patroa maior dunha Confraría de Pescadores.

 

Temos que felicitarnos, pero tamén temos que ir máis alá porque estar integradas nos órganos de gobierno é un paso fundamental para que as mulleres alcancemos os nosos obxectivos e poidamos continuar avanzando. As anteriores xeracións de mulleres puxeron os cimentos e agora nosoutras temos que construir a casa.

 

Debe ser unha casa sostible. Se queremos prosperar, diariamente debemos coidar o noso mar, que é o noso medio de vida. Temos que conservalo, protexer os seus recursos, vixilar a incidencia de impactos negativos (furtivismo, vertidos incontrolados, descargas de auga doce por parte das hidroeléctricas, intrusión no mercado de especies foráneas, etc.), e loitar contra fenómenos como o intrusismo profesional que sufren as redeiras.

 

É unha labor complexa que require da nosa constante presencia e que esixe ir máis alá. Temos tamén que ser capaces de integrar estas actividades tradicionais no mercado profesional actual e esto implica formar parte dos órganos de xestión e de decisión, formarnos nas novas tecnoloxías, participar nas plataformas dixitais, integrarnos nas novas empresas, etc.

 

Para todo isto é imprescindible que as mulleres esteamos asociadas. A través da nosa unión temos máis forza para acadar estes obxectivos e, sobre todo, para ter voz propia na Unión Europea e dar a oportunidade á Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea de coñecer unhas actividades ancestrais, que persisten no estado español e teñen un importante peso económico a nivel rexional. Só en Galicia, a contribución ó PIB das actividades da pesca e acuicultura foi do 1,2% en 2012, unha porcentaxe moi por enriba do rexistrado noutros países da UE, onde a aportación de esta actividade ao PIB non supera o 0,4%.

 

No siglo XXI, a igualdade entre homes e mulleres debe ser un principio inculcado desde a infancia, pero, lamentablemente, non sempre é así e a discriminación por razón de xénero inda existe no conxunto da sociedade e tamén no sector da pesca. Un motivo máis para seguir traballando en colaboración con todas as mulleres que amamos o mar.

 

Rita Míguez de la Iglesia

 

Patroa maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca