Pilar Bermejo

Consellería do Mar Xefa do Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias
  • Anos 1992 a 1994: Funcións de inspección como veterinaria oficial.
  • Anos 1995 e 1996: Veterinaria na clínica veterinaria de pequenos animais “Mundo Vivo” de Bertamiráns (A Coruña).
  • Marzo 1996 a setembro 2000: Funcionaria da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos con destino na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación en Santiago de Compostela, como axente de extensión pesqueira.
    Funcións do posto de traballo: traballo de formación, asesoramento e información ao sector pesqueiro e marisqueo en temas organizativos, comerciais, legais, de xestión e de axudas.
  • Setembro 2000 a xullo 2001: xefa da Sección de Análise e Avaliación de Industrias Transformadoras con destino na Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela. Funcións do posto de traballo: Proxecto de etiquetado dos produtos pesqueiros. Proxecto de cambio das caixas de peixe do cerco. Xestión de axudas a industrias de transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca e da acuicultura e equipamentos portuarios.
  • Xullo 2001 a setembro 2002: Funcionaria da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos como xefa do Servizo de Recursos Mariños con destino na Delegación Territorial de Pontevedra en Vigo.
    Funcións do posto de traballo: xestión dos títulos administrativos habilitantes para o exercicio da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Seguimento dos plans de explotación pesqueira e marisqueira. Coordinación e execución das actuacións en materia de desenvolvemento e ordenación da pesca, do marisqueo e a acuicultura.
  • Setembro 2002 a xuño de 2009: Xefa do Servizo de Desenvolvemento e Modernización do Tecido Produtivo na Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en Santiago de Compostela.
    Funcións do posto: Xestión das diferentes medidas dedicadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura (Fondos IFOP e FEP). Xestión das diferentes medidas dedicadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de acuicultura mariña e continental (Fondos IFOP e FEP). Tramitación das habilitacións das plantas evisceradoras de vieiras. Accións destinadas a desenvolver os equipamentos pesqueiros, así como as infraestruturas nos portos pesqueiros. Xestión do rexistro galego de industrias halioalimentarias.
  • Xuño de 2009 ata a data actual: xefa do Servizo de Innovación Tecnolóxica das Industrias na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, en Santiago de Compostela.
    Funcións do posto: Xestión das diferentes medidas dedicadas á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de transformación e comercialización dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura (Fondos FEP e FEMP). Tramitación das habilitacións das plantas evisceradoras de vieiras.