Pedro Domingues

IEO
Investigador Titular de OPIs

Licenciatura en “Biología Marinha e Pescas” pola Universidad del Algarve, Portugal, con tesina de licenciatura sobre contidos estomacais de Loligo vulgaris, realizada na Univ. Algarve e no IEO de Canarias. Doutorado no National Resource Center for Cephalopods (NRCC) en Galveston, Texas, EUA, sobre cultivos auxiliares (misidáceos, Mysidopsis almyra) e dietas artificiais para choco (Sepia officinalis). De regreso á Univ. Del Algarve en 2000, cun pos-doutorado formei o Grupo de Investigación de Cefalópodos, onde logramos cultivar choco durante 5 xeracións consecutivas, obtendo importante información sobre bioloxía, reproducción, nutrición e zootecnología. En 2005, no IFAPA – Agua del Pino (Junta de Andalucía) cun contrato Ramón y Cajal, ademáis de seguir co choco con dous proxectos INIA como Investigador principal (potencial de cultivo en esteros, potencial de cultivo do choco a grande escala), incluo estudos con novas especies (centolo (Maja brachydactyla), parracho (Scophthalmus rhombus)) e desenvolvemento de dietas artificiais de pulpo Octopus vulgaris. Desde outubro de 2009, Investigador Titular de OPI’s, no Instituto español de Oceanografía de Vigo, no Grupo de Investigación de Acuicultura, desenvolvendo investigacións en cultivo larvario de polbo. Actualmente tamén desenvolvo investigacións con novas especies, como a Cherna (Polyprion americanus) Paralelamente, colaboro desde 2005 co grupo de investigación da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) en Sisal, no desenvolvemento do cultivo do polbo de Yucatán (Octopus maya).