Manuel García

Consellería do Mar
Biólogo da Subdirección Xeral de Acuicultura

Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa defensa da tese doutoral “Cultivo en laboratorio de Chondrus crispus Stack”. Especialista en Economía Pesqueira pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) e experto universitario en métodos avanzados de estatística aplicada pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (2007). Titulado superior biólogo na Subdirección Xeral de Acuicultura da Consellería do Mar dende o ano 2012. Anteriormente, desenvolvín traballos de investigación e docencia no Departamento de Bioloxía Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela (1993 – 1997. Entre 1997 e 2012 estiven adscrito a unidade técnica de pesca da Consellería do Mar. Membro de comités científicos como o Working Group on Aquaculture (WGAQUA) e do Working Group on Cephalopod Fisheries and Life History (WGCEPH) do ICES Living Resources Committee Working, e do Comité Científico Galego de la Pesca da Consellería do Mar.