Jorge Pérez

Marine Instruments Director Comercial

Jorge Pérez-Bouzada desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional vinculado directa ou indirectamente á industria alimentaria, con especial relación cos sectores da acuicultura, a pesca e a transformación de produtos do mar. Licenciado en Veterinaria con especialización en Producción Animal pola Universidad de Las Palmas de Gran Canaria, completou a súa formación académica cun Executive MBA polo Instituto de Empresa e un Máster en International Business na Universidad de Reading (Reino Unido).

 

Ao largo da súa carreira profesional, Jorge xestionou diferentes proxectos e equipos humanos en empresas biotecnolóxicas como Xenotechs Laboratorios e AMSlab e do sector alimentario como Tinamenor, FrieslandCampina e Marfrío. Antes de entrar a formar parte do proxecto de Marine Instruments, era Director Xeneral dunha factoría de elaboración de peixe fresco e conxelado pertencente ao Grupo S.A. Eduardo Vieira en Dakar (Senegal).