Jesús Simal

UVIGO
Vicerreitor de Internacionalización

Catedrático da Área de Nutrición e Bromatoloxía na Facultade de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, e Vicerreitor de Internacionalización na Universidade de Vigo.

 

Foi Primer Premio Nacional de Terminación de Estudios de Farmacia, e Premio Extraordinario de Doctorado de la Facultad de Farmacia de la Universidad de Santiago de Compostela. Foi Profesor Titular de Universidad en 1991 na Universidade de Vigo, onde é Catedrático de Universidad desde 1999. Lidera un grupo de investigación de referencia competitiva da Xunta de Galicia desde 2006. Liderou de 2008 a 2018 o CIA3 (Centro de Investigaciones Agro-Ambientales y Alimentarias) formado por 10 grupos de investigación de distintos ámbitos (botánica, fisioloxía vexetal, edafoloxía e química agrícola, bioquímica e bioloxía molecular, nutrición e bromatoloxía, biotecnoloxía, tecnoloxía de alimentos, reoloxía alimentaria, enxeñería química, e química coloidal), así como o Departamento de Química Analítica e Alimentaria na Universidade de Vigo entre 2013 y 2018. Na actualidade é Vicerreitor de Internacionalización na Universidade de Vigo.

 

Realizou estancias de investigación na Université de Paris-Sud (París, Francia), University of Delaware (Newark, USA), Fraunhofer-Institut für Lebensmitteltechnologie und Verpackung / Tecnoloxía de alimentos e de Envasado (Munich, Alemania), Central Science Laboratory (Norwich y York, UK), TNO-Voeding / Nutrition and Food Research (Zeist, Holanda), Packaging Industries Research Association (Leatherhead, UK), y The Swedish Institute for Food and Biotechnology (Gotemburgo, Suecia). É editor de 6 libros nacionais. Publicou capítulos de libros en 10 libros nacionais e 17 internacionais. Dirixiu 15 teses doutorales e participou en gran cantidade de proxectos de investigación competitivos, dos que foi investigador principal en 25. Ten numerosas publicacións en revistas de prestixio internacional:
– Researcher ID: http://www.researcherid.com/rid/A-9533-2009
– Scopus: http://www.scopus.com/authid/detail.uri?origin=resultslist&authorId=7004118440&zone=
– Orcid: http://orcid.org/0000-0001-9215-9737
– Google scholar: http://scholar.google.es/citations?user=rmeHFXIAAAAJ&hl=es&oi=ao
– Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Jesus_Simal-Gandara

 

O grupo de investigación que dirixe está especializado en separacións cromatográficas (GC-MS y LC-MS), técnicas de bioloxía molecular e proteómica, e investiga sobre a distribución de contaminantes químicos orgánicos agrícolas e ambientais na cadena de producción de alimentos, e sobre a mellora da calidade sensorial e funcional de alimentos, coa mirada posta na cadea de alimentaria de maneira global, integrando os aspectos medioambientais, agrarios e alimentarios cos de nutrición e saúde pública. O noso foco hoxe está no estudo dos compostos orgánicos persistentes (COPs) desde o punto de vista da saúde pública (epidemioloxía, toxicidade de mezclas, metabolitos…), e no dos metabolitos secundarios en alimentos de orixe vexetal, explorando os mecanismos moleculares que xustifican a súa actividade biolóxica.