Pablo Caballero

Servizo do Patrimonio Natural, Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, Xunta de galicia

Xefe do servizo

Licenciado en Veterinaria na Facultade de Veterinaria na Universidade Complutense de Madrid en 1986. En 1987 comezou a súa actividade investigadora en salmónidos no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán onde participou en diversos proxectos, ata que en 2006 se incorpora ao Corpo Facultativo Superior Escala de Veterinarios da Xunta de Galicia, onde traballou entre 2007 y 2014 como xefe de sección de biodiversidade e dende entón ata a actualidade como xefe de servizo de Patrimonio Natural na Provincia de Pontevedra. Ten publicado diversos traballos de investigación en revistas internacionais e diversos capítulos en libros sobre salmónidos silvestres.