Lugar de celebración

MARCO DO FORO

Na beira sur da ría de Arousa, protexendo a súa entrada, atópase a península do Grove. Rodeada de mar por todas partes a non ser polo sur, onde o itsmo de A Lanzada une os municipios do Grove e Sanxenxo, que conforman o conxunto turístico máis importante de Galicia. De clima Mediteráneo marítimo (invernos lixeiros e subsequía no veran), cunha temperatura media de 24º no veran e 14º en inverno, producto da influenza da corrente do Golfo e a súa derivada, a corrente de Canarias, que moderan a temperatura das augas do seu litoral.

 

Unida a O Grove por unha preciosa ponte de principios de século e ubicada na ensenada do Grove, atópase o centro de interés turístico nacional “Illa da Toxa” que conta ademais do seu famoso balneario, o seu casino de xogo, os seus campos de golf, piscinas, campos de tenis, tiro de pichón, etc.; cunha importante infraestructura hoteleira.

Como máximo expoñente da oferta restauradora vense celebrando durante 9 días, desde o ano 1963 a “Festa do Marisco”, declarada de interese turístico nacional, onde o visitante poderá paladear os nosos preciados mariscos na mellor época e ó mellor precio. 

COMO CHEGAR

HOTEIS

DIRECCIÓNS DE INTERESE

  • CONCELLO: Praza do Corgo, s/n. Teléfono: 986730975 / 986730227
  • OFICIÑA DE INFORMACIÓN: Praza do Corgo. Teléfono: 986731415 / 986732905 – Ensenada de O Bao. Teléfono: 986733043
  • AXENCIAS:
    • Viajes Arosa, S.L. .- Alexandre Bóveda, 10. Teléfono: 986730951 / 986730961
    • Halcón Viajes.- Luis A. Mestre, 2. Teléfono 986733658
    • Viajes Ecuador.- Pablo Iglesias, 23. Teléfono: 986733454