J. Manuel Fernández

IEO
Científico Titular

Biólogo Mariño (Ldo. e Dr. en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela) é investigador no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) dependente do  Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

 

Fixo a sua tese de doutoramento no IIM-CSIC centrándose no estudio do comportamento fisiolóxico de duas procedencias de semente de mexillón (roca e colector) usadas no cultivo de esta especie en Galicia. Na etapa post-doctoral, participou en diversos proxectos no Royal Netherlands Institute for Sea Research (NIOZ; anteriormente NIOO) sobre as estratexias metabólicas que os moluscos bivalvos activan para asegurar a supervivenvia en situación de hipoxia/anoxia e en ambientes altamente eutrofizados. Dende o ano 2007, incorpórase ó IIM-CSIC no grupo de EsMaBa (Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión Sostible de Bivalvos) liderando proxectos que estudian a importancia das estructuras de protección e supervivencia dos moluscos bivalvos, especialmente no mexillón galego, fronte a heteroxeneidade ambiental. O estudio de novas tecnoloxías que se poden incorporar as estratexias de cultivo e os efectos asociados ó cambio global nas respostas de asentamento e supervivencia do organismo ante fenómenos ambientais adversos configuran as novas liñas de investigación na súa integración no grupo EsMaBa.