José Hernández Brito

AIR CENTRE
CEO

José Hernández Brito ten un Doutorado en Química pola Universidade de La Laguna (1986).

Foi investigador de ciencias mariñas, supervisor de varias teses e responsable ou investigador de máis de corenta proxectos nacionais e internacionais. Ocupou varios postos de xestión de I+D+i na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, como Decano da Facultade de Ciencias do Mar, Director da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, Director do Parque Científico e Tecnolóxico e Vicerreitor de investigación. Tamén ocupou os cargos de Director do Instituto Canario de Ciencias do Mar, Xerente da ICTS PLOCAN (plataforma oceánica das Illas Canarias) e na actualidade é CEO do AIR CENTER.