Javier Touza

Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI)
Presidente

Nado en Pontevedra, o 9 de decembro de 1960, é licenciado en Dereito por ICADE.

 

É presidente do Grupo Golden, así como conselleiro delegado de Chymar, S.A. e de outras empresas principalmente pesqueiras.

 

É presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi), da Asociación de Empresas Comunitarias en Sociedades Mixtas de Pesca (Acemix), do Clúster do Sector Pesqueiro Extractivo e Productor (Clupesca), do Patronato da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) e de Blue Fish; vicepresidente da Federación Española de Organizacións Pesqueiras (Feope), da Confederación de Empresarios de Pontevedra e da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa; titular no Pleno do Consello Galego de Pesca; vogal na Asamblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia; membro do Comité Executivo de Navalia; membro do Consello Reitor da Unión Nacional de Cooperativas do Mar (UNACOMAR); membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo; vogal do Comité Directivo do Sector Industria, da Comisión Permanente e da Asamblea Xeral da Confederación de Empresarios de Pontevedra; presidente da Comisión Internacionalización Pymes no seo da CEP; membro do Patronato da Fundación Provigo; titular na Comisión Executiva Provincial do Instituto Social da Mariña e membro do Consello Asesor de Sogarpo.