FOROACUI XXII

Información do foro

XXII FORO DOS RECURSOS MARIÑOS E DA ACUICULTURA DAS RÍAS GALEGAS​

No desenvolvemento do Foro teñen lugar as seguintes actividades:

  • Mesas de traballo: O IIM, Marisqueo e Pesca de Baixura, Acuicultura, Empresa e Recursos, Brexit, efectos na pesca e na acuicultura (I) e (II); onde varios ponentes invitados expoñerán os seus puntos de vista sobre o tema e, a continuación, terá lugar un debate entre eles e os asistentes.
  • Conferencia Maxistral: “Plataformas de colaboración en ciencia e tecnoloxía no Atlántico” a cargo de José Joaquín Hernández Brito, Director Executivo do Atlantic International Research Centre (AIR-Centre).
  • Traballos en paneis: aberta a tódolos participantes que poderán presentar traballos inéditos, relacionados cos temas do Foro.
  • Participación de empresas: as empresas relacionadas co sector poderán participar expoñendo os seus productos e/ou actividades.
  • Ciclo Cultivando o Mar: Historia das Conservas no Grove.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

Poderanse presentar, por parte dos participantes que o desexen, paneis de traballos inéditos (máximo 1 panel por inscrición), en relación coas temáticas do Foro, cun tamaño máximo por panel de 1,20 x 0,90 m. (alto x ancho).
Aqueles que presenten paneis deberán enviar ao Foro xunto coa inscripción: título, autor/es, dirección, correo electrónico e teléfono.

Os autores que desexen que o seu traballo apareza completo no libro do Foro, deberán entregar o mesmo (5 páxinas máximo en Times New Roman 12p.) antes ou durante a celebración do Foro, según as normas:

(Formato para libro de actas do Foro)

Os traballos en formato póster tamén poderán acompañarse dunha versión en formato audiovisual co obxetivo de amosar a investigación realizada dunha forma máis cercana, clara e atractiva.

Estos vídeos serán proxectados en diferentes pantallas durante o Foroacui e de contarse coa autorización do autor, serían tamén incluidos como parte das publicacións da nosa web. O vídeo terá unha duración máxima de 3 minutos en calquera dos seguintes formatos .mp4, .mkv, .mov, .avi e ser grabados en calquera dispositivo (cámaras, teléfonos…) que ofreza un resultado de calidade suficiente para ser reproducido nunha pantalla en formato 16:9 e resolución 1920×1080 (FullHD) ou 1280×720 (HD)

Os vídeos faranse chegar a foroacui@foroacui.com antes do día 7 de outubro.

 

PREMIOS

A organización do Foroacui seleccionará entre todos os traballos enviados, as dúas comunicacións en formato póster cun maior carácter innovador e rigor científico dentro de calquera liña de investigación da acuicultura e dos recursos mariños. Estas dúas comunicacións destacadas terán os seguintes premios:

1º PREMIO PÓSTER. 200€

2º PREMIO POSTER. 100€

Ademáis, tamén se premiará unha comunicación en formato audiovisual na que ademáis dos méritos anteriormente mencionados se valorará especialmente a capacidade para amosar o traballo científico dunha forma atractiva e amena. O traballo seleccionado pola calidade da súa exposición audiovisual terá un único premio de:

1º PREMIO AUDIOVISUAL. 150€.

Todos os premios serán entregados o día 11 de outubro antes da clausura do Foroacui.

INSCRICIÓNS

Co Boletín de inscrición, e facendo o pago mediante unha transferencia bancaria ao número de conta ES74 2100 5753 0402 0002 1928 de “la Caixa”, indicando no apartado “concepto” o nome da persoa inscrita.

ANTES DO 20 DE SETEMBRO

ORDINARIA

– só asistencia

45€

– con póster

75€ (+20 por cada póster extra)

ESPECIAL

– só asistencia

35€

– con póster

60€ (+20 por cada póster extra)

DESPOIS DO 20 DE SETEMBRO

ORDINARIA

– só asistencia

55€

– con póster

85€ (+20 por cada póster extra)

ESPECIAL

– só asistencia

45€

– con póster

75€ (+20 por cada póster extra)

Terán unha cota especial os membros pertencentes os seguintes colectivos:

  • Estudantes
  • O persoal da Consellería do Mar (Xunta de Galicia), ou entidades relacionadas (Confrarías de Pescadores, CETMAR, INTECMAR) dispoñen de cota reducida por asistencia e presentación de paneis
  • Socios da SEA

A cota inclúe o dereito de asistencia, a documentación, a publicación do Foro e invitacións para tódalas actividades relacionadas. 

FORMATO NON PRESENCIAL PARA PRESENTACION DE TRABALLOS AO XXII FORO

Na presente edición, ademais da presentación habitual de traballos onde algún ou varios dos autores participan de forma presencial no FORO, poderanse presentar traballos onde non será necesaria a presenza física dos autores durante a celebración do evento.

Esta modalidade ten como obxectivos principais facilitar a presentación dos traballos realizados por persoas que teñen dificultades para poder asistir ao evento, permitindo que os seus resultados poidan ser coñecidos mediante a presentación dun póster, ademais de quedar recollidos na publicación anual, o que supón a súa difusión coa calidade de traballos revisados por un comité científico internacional e con rexistro do ISBN.

Para participar no FORO baixo esta modalidade, os autores deberán enviar ao correo electrónico foroacui@gmail.com, un pdf do seu/s traballo/s en formato póster, antes do 9 de setembro. O comité organizador enviará ao autor un comunicado de aceptación ou rexeitamento do traballo na súa versión actual, ou propoñerá cambios suxeridos polo comité científico. Unha vez aceptado o traballo polo comité científico, deberase enviar a versión definitiva, un boletín de inscripción cuberto, xunto co justificante da transferencia (85 euros/1 póster, 120 euros/2 póster, ao número de conta: ES74 2100 5753 0402 0002 1928) para ter dereito a participar nesta modalidade. O comité organizador encargarase de realizar a impresión do póster (90 x 120 cm, ancho x alto) e colocalo na sala de exposicións do Foro durante os dous días do evento. Antes do 7 de outubro deberase enviar a versión para a publicación (máximo 5 follas en formato Word), formato para libro de actas do Foro. Unha vez aceptada a versión final extensa polo comité científico, procederase á publicación de todos os traballos, mesas e conferencias e participantes no Foro, e enviarase a cada autor unha versión on-line da mesma (no mes de maio).

SÓ PARA NON PRESENCIAL

ÚLTIMA DATA

Autor/es: enviar traballo en formato póster

21/09/2019

FORO: contestar sobre aceptación ou necesidade de modificacións

1 semana despois

Autor/es: envío de versión final, inscripción e pago de cota na modalidade

30/09/2019

FORO: contestar sobre recepción

en canto se recibe

Autor/es: envío do traballo en versión final estendida en soporte dixital

FORO: impresión do póster (90×120) e colocación na área reservada

FORO: envío do diploma de presentación.

11/11/2019

FORO: envío a cada autor unha versión on-line da publicación que recolle os traballo en extenso e póster.

05/2019

Transferencia bancaria internacional

Banco: La Caixa

Conta: ES74 2100 5753 0402 0002 1928

BIC: CAIXESBBXXX

Oficina 5753 Rosalía de Castro, Santiago de Compostela – A Coruña – SPAIN