Fran Saborido

IIM
Director

Doutor en Bioloxía, conta con mais de 30 anos de experiencia no campo da ecoloxía pesqueira, sendo o responsable da liña de investigación en Ecoloxía Pesqueira do IIM dende o ano 2000. Dirixe a súa investigación cara ao estudo da ecoloxía de especies como o bacallau, o fletán negro, o peixe vermello e a pescada pero tamén en especies costeiras e tropicais. Pon especial énfase no estudo da ecoloxía reprodutiva e a súa influencia na dinámica poboacional, na avaliación científica e na xestión pesqueira. Dende xullo do 2018 é o director do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.