Bernardo Basurco

CIHEAM Zaragoza. SEA
Coordinador Área Pesca e Acuicultura
Presidente saínte da SEA

Doutor en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid (1990), con dúas estancias postdoutorais (Universidade de California Davis, e INRA, París, Francia). Desde o ano 1995 traballa no CIHEAM-IAMZ ocupa o posto de Administrador da área de pesca e acuicultura, desempeñando a coordinación de programas de postgrado, cursos internacionais para profesionais e coordinación de redes internacionais e proxectos de investigación. Actualmente é Coordinador técnico do proxecto de H2020 MedAID (desenvolvemento integrado da acuicultura mediterránea), e Presidente sainte da Sociedade Española de Acuicultura.